mércores, 1 de abril de 2020

VERMES DE SEDA


Durante as vindeiras semanas, imos ver como é o ciclo da vida dos vermes de seda.

(Podemos facer "o conto dos vermes de seda",  facendo  debuxos e escribindo debaixo de cada un o que ides vendo).

Imos empezar explicando cales son as fases polas que pasan:

-OVO
-VERME
-CRISÁLIDA
-BOLBORETA



Aquí vemos a caixa na que quedaron os ovos do ano pasado. Ahí estiveron durante o verán, o outono e o inverno.









Fai uns días, coa chegada da primavera, os vermes saíron dos ovos. Son tan pequenos que hai que fixarse moi ben para velos.




Ao mesmo tempo que nacen os vermes, sáenlle as follas á "moreira".
Estas follas son o seu único alimento.

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario