mércores, 23 de xuño de 2021

FIN DE CURSO

 Chegamos ao fin de 2º e queremos dicirvos o orgullosas que estamos do comportamento das vosas nenas e dos vosos nenos,porque:

-Non rechistaron pola máscara.

-Foron máis limpos e limpas que nunca.

-Non protestaron polas ventás abertas.

-Xogaron no patio respectando a distancia.

-Foron felices e aprenderon a sorrir cos ollos.

Está claro que son uns SUPERHEROES e unhas SUPERHEROÍNAS!!!!!

                                                                 FELIZ VERÁN!!!!


























CONCERTO GRAMOLA GOMINOLA

 O pasado 18 de xuño tivemos unha actividade moi divertida no pavillón:

     Un concerto de Rock&Roll do grupo A GRAMOLA GOMINOLA.

Como vedes nas seguintes fotos,pasámolo xenial!!Foi unha experiencia inesquecible!!!