Amosando publicacións coa etiqueta VERMES DE SEDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VERMES DE SEDA. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de xuño de 2020

VERMES DE SEDA

Xa chegamos ao final do proceso dos vermes de seda.
Se nos fixamos, vemos uns buratos nos casullos. Eses buratos fixéronnos as bolboretas para poder saír.

Agora xa están as bolboretas pola caixa, buscando parella. Unhas son femias (chicas) e teñen o corpo máis gordo; e outros son machos(chicos), e teñen o corpo máis delgado.

Nestas fotos aparece unha bolboreta poñendo os ovos. Ao primeiro son de cor amarela e logo vólvense de cor gris.


Cando as bolboretas rematan de poñer os ovos, morren
Recordamos que os seres vivos:nacen, medran, reprodúcense e morren.

Sòlo nos queda agora, esperar a que chegue a vindeira primavera para que destes ovos saian unhs novos vermes.

martes, 19 de maio de 2020

VERMES DE SEDA

Xa falta pouco para  que vexamos todo o proceso  da metamorfose dos vermes de seda.
Cando xa medraron todo o que tiñan que medrar, os vermes paran de comer e dispóñense a facer o seu casullo.
Van cara as esquinas , e co fio de seda que sae da súa boca van tecendo o seu casullo. 




Nesta outra a foto xa se poden ver todos os casullos . Agora hai que esperar uns días para que dentro se produza a metamosfose ( o verme vaise converter en bolboreta).





xoves, 14 de maio de 2020

luns, 4 de maio de 2020

VERMES DE SEDA

Os nosos vermes de seda siguen comendo y comendo. Mirade  que grandes están xa!




E como medran  tanto, teñen que mudar a pel. Aí tedes varias, que están sinaladas cunhas  frechas de cor vermello.




mércores, 15 de abril de 2020

VERMES DE SEDA


Xa pasaron uns días e agora os vermes son máis grandes.

Neste vídeo  imos ver que  cada día, retíranse con coidado as follas que están vellas, e logo colócanse enriba deles as follas frescas.













venres, 3 de abril de 2020

VERMES DE SEDA

Seguimos aprendendo máis sobre os vermes de seda.

Poñemos follas de moreira para que os vermes vaian cara elas.



  

Cando xa están nas follas, buscamos una caixa de  zapatos ou outra parecida e poñémolos alí.

 Cada día hai que coller follas frescas e colocalas enriba das que xa están secas e comidas polos vermes. 






                                           

mércores, 1 de abril de 2020

VERMES DE SEDA


Durante as vindeiras semanas, imos ver como é o ciclo da vida dos vermes de seda.

(Podemos facer "o conto dos vermes de seda",  facendo  debuxos e escribindo debaixo de cada un o que ides vendo).

Imos empezar explicando cales son as fases polas que pasan:

-OVO
-VERME
-CRISÁLIDA
-BOLBORETA



Aquí vemos a caixa na que quedaron os ovos do ano pasado. Ahí estiveron durante o verán, o outono e o inverno.









Fai uns días, coa chegada da primavera, os vermes saíron dos ovos. Son tan pequenos que hai que fixarse moi ben para velos.




Ao mesmo tempo que nacen os vermes, sáenlle as follas á "moreira".
Estas follas son o seu único alimento.