venres, 12 de xuño de 2020

VERMES DE SEDA

Xa chegamos ao final do proceso dos vermes de seda.
Se nos fixamos, vemos uns buratos nos casullos. Eses buratos fixéronnos as bolboretas para poder saír.

Agora xa están as bolboretas pola caixa, buscando parella. Unhas son femias (chicas) e teñen o corpo máis gordo; e outros son machos(chicos), e teñen o corpo máis delgado.

Nestas fotos aparece unha bolboreta poñendo os ovos. Ao primeiro son de cor amarela e logo vólvense de cor gris.


Cando as bolboretas rematan de poñer os ovos, morren
Recordamos que os seres vivos:nacen, medran, reprodúcense e morren.

Sòlo nos queda agora, esperar a que chegue a vindeira primavera para que destes ovos saian unhs novos vermes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario